Estructura Interna
A delegación de Alumnos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo forman parte dos diversos Órganos de Goberno da Universidade e da Facultade.
A Delegación de Alumnos réxese polos seus Estatutos. Establece o seu orzamento dacordo coa partida orzamentaria da Facultade establecida para tales fins. Ó final de cada exercicio economico a Delegación ten que presentar a súa memoria de gastos na Xunta de Facultade.
Estructura Interna
A Delegación ten a súa sede na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Os horarios de atención o estudante son con horario de mañá(9:00 a 14:00) e tarde(16:00 a 21:00) agás nos periodos vacacionais e de exámes.
Funcións
As funcións da Delegación de Alumnos son:
- Procedemento para cambio de datas de exame.
- Reclamacións ás calificacións dos exames.
- Cómo recurrir as distintas resolucións de carácter administrativo (denegación de cambio de turno, concesión de créditos de libre elección, etc.)
- Solicitude de subvencións para actos oficiais e extraoficiais (acto de graduación, festividade do patrón, etc.)
- Asesoramento sobre organización do “paso de ecuador”.
- Posibilidades de colaborar e axudar na propia delegación.