Xornada de acollida 2018/2019: 13 de setembro de 2018:
O vindeiro 13 de setembro ás 16.00 horas, na Aula B1 da Facultada de Ciencias Xurídicas e do Traballo, terá lugar a xornada de acollida do curso 2018/2019. A coordinadora, Helena Martínez Hens, e a secretaria do Mestrado, Teresa Estévez Abeleira, darán a benvida ao novo estudantado e comentarán cuestións de utilidade sobre a marcha do Mestrado.
Os obxectivos desta xornada son:
- Facilitar ao estudantado o tránsito dende o grao ao posgrao.
- Presentar ao estudantado o Mestrado en Menores da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
- Dar a coñecer ao estudantado os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e, en concreto, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.