Neste mestrado apostase por un ensino semipresencial, coa finalidade de que o estudantado poida compaxinar mellor os seus estudos co seu traballo diario.

Con todo, dada a importancia que nun mestrado de carácter investigador ten a interacción persoal entre o/a alumno/a e o/a profesor/a, esta semipresencialidade traducese en que, aproximadamente, a metade da docencia teórica de cada unha das materias que integran o plan de estudos impartirase en liña; mentras que a outra metade da docencia teórica, as clases prácticas e as titorías serán presenciais. Todo iso sen prexuizo das consultas que os/as alumnos/as poidan facer co seu titor ou os demáis profesores a través de enderezo electrónico.

Como apoio técnico para a impartición deste mestrado, o estudantado conta coa plataforma de teledocencia TEMA (aloxada na páxina do servizo de teledocencia da Universidade de Vigo, FaiTIC), na que os/as alumnos/as matriculados/as terán á súa disposición os contidos do Mestrado. Ademais, esta plataforma ofrece diferentes sistemas de comunicación e colaboración, favorecendo, así, a interacción entre o estudantado e a aprendizaxe colaborativa.