O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito
Nesta materia o estudantado, de modo individual, baixo a dirección do/a titor/a que se lle asignará, deberá elaborar, presentar e defender un traballo de investigación inédito ou orixinal, relativo a algún dos temas sobre os que versa o mestrado.
Esta actividade inclúe, fundamentalmente, a recompilación, descrición e análise de fontes e bibliografía; a realización de titorías co titor/a académico; a realización do Traballo de Fin de Mestrado e a presentación e defensa do mesmo.
Para a avaliación do Traballo Fin de Mestrado, o estudantado deberá entregar á persoa coordinadora desta materia (Profª. Dra. Teresa Estévez Abeleira) tres copias do Traballo debidamente encadernadas, así como enviarlle o documento en formato pdf, con polo menos dez días de antelación á data fixada para a exposición e defensa dos Traballos.
O Traballo deberá presentarse co visto e prace do/a titor/a e asinado por este/a.
O Tribunal avaliador dos Traballos Fin de Mestrado, que estará integrado por tres profesores/as do mestrado, avaliará os traballos de acordo cos seguintes criterios:
- Informe do titor/a: ata 2 puntos
- Calidade do contido: Ata 5 puntos
- Metodoloxía: máx. 2 puntos
- Calidade da redacción: máx. 1 punto
- Conclusións: máx. 2 puntos
- Exposición: Ata 3 puntos
- Claridade expositiva: máx. 2 puntos
- Capacidade de debate e defensa argumental: máx. 1 punto
Aos efectos da ponderación do apartado 1 o titor/a deberá emitir unha puntuación numérica sobre base 10.
Superar a materia Traballo Fin de Mestrado permitirá ao estudantado acadar as competencias básicas, xerais, específicas e transversais relacionadas na súa guía docente.
Regulamento do TFM da UVigo
Regulamento do TFM do título
Traballo Fin de Máster – Curso 2024/2025
Defensa do TFM
Convocatoria | Depósito | Defensa |
---|---|---|
Xaneiro (adiantada) | 8 de xaneiro de 2025 | 25 de xaneiro de 20251 23-25 de xaneiro de 20252 |
Xuño | 4 de xuño de 2025 | 18 de xuño de 20251 16-18 de xuño de 20252 |
Xullo | 7 de xullo de 2025 | 16 de xullo de 20251 14-16 de xullo de 20252 |
1 Tribunal colexiado | 2 Tribunal unipersonal
Tribunais avaliadores do TFM
Tribunal 1:
PRESIDENTE/A. Titular: Helena Martínez Hens. Suplente: Angel Mariño de Andrés
VOCAL. Titular: David Casado Neira. Suplente: Yolanda García Vázquez.
SECRETARIO/A. Titular: Belén Sánchez Ramos. Suplente: Rafael Velázquez Pérez.
Tribunal 2:
PRESIDENTE/A. Titular: Carmen Verde Diego. Suplente: Rubén González Rodríguez.
VOCAL. Titular: Mª Dolores Fernández Fustes. Suplente: Blanca Otero Otero.
SECRETARIO/A. Titular: Teresa Martínez Táboas. Suplente: Lidia Noriega Rodriguez.