Nesta materia o estudantado, de modo individual, baixo a dirección do/a titor/a que se lle asignará, deberá elaborar, presentar e defender un traballo de investigación inédito ou orixinal, relativo a algún dos temas sobre os que versa o mestrado.
Esta actividade inclúe, fundamentalmente, a recompilación, descrición e análise de fontes e bibliografía; a realización de titorías co titor/a académico; a realización do Traballo de Fin de Mestrado e a presentación e defensa do mesmo.
Para a avaliación do Traballo Fin de Mestrado, o estudantado deberá entregar á persoa coordinadora desta materia (Profª. Dra. Teresa Estévez Abeleira) tres copias do Traballo debidamente encadernadas, así como enviarlle o documento en formato pdf, con polo menos dez días de antelación á data fixada para a exposición e defensa dos Traballos.
O Traballo deberá presentarse co visto e prace do/a titor/a e asinado por este/a.
O Tribunal avaliador dos Traballos Fin de Mestrado, que estará integrado por tres profesores/as do mestrado, avaliará os traballos de acordo cos seguintes criterios:
- Informe do titor/a: ata 2 puntos
- Calidade do contido: Ata 5 puntos
- Metodoloxía: máx. 2 puntos
- Calidade da redacción: máx. 1 punto
- Conclusións: máx. 2 puntos
- Exposición: Ata 3 puntos
- Claridade expositiva: máx. 2 puntos
- Capacidade de debate e defensa argumental: máx. 1 punto
Aos efectos da ponderación do apartado 1 o titor/a deberá emitir unha puntuación numérica sobre base 10.
Superar a materia Traballo Fin de Mestrado permitirá ao estudantado acadar as competencias básicas, xerais, específicas e transversais relacionadas na súa guía docente.
Traballo Fin de Mestrado - Curso 2020/2021
Regulamento do TFM
Modificación da normativa do TFM
- Anexo 1 - Modelo de solicitude de proposta do TFM
- Anexo 2 - Modelo de solicitude de presentación e avaliación do TFM
- Anexo 3 - Regras para a elaboración do TFM
Datas de defensa do TFM 2020-2021
CONVOCATORIA | DATA DEPÓSITO | DATA DEFENSA |
Xaneiro (adiantada) | 14 de xaneiro de 2021 | 21 de xaneiro de 2021 |
Xuño | 3 de xuño de 2021 | 10 de xuño de 2021 |
Xullo | 8 de xullo de 2021 | 15 de xullo de 2021 |
Composición dos tribunais avaliadores do TFM 2020-2021
Tribunal 1:
- Presidente/a. Titular: Carmen Verde Diego. Suplente: Raquel Vázquez Pérez.
- Vogal. Titular: Marta García Mosquera. Suplente: Xosé Manuel Pacho Blanco.
- Secretaria/o. Titular: Teresa Estévez Abeleira. Suplente: Ángel Mariño de Andrés.
Tribunal 2:
- Presidenta: Maria Antonia Arias Martínez. Suplente: Noemí García Gestoso.
- Vogal: Titular: Pablo Grande Seara. Suplente: Mª Dolores Fernández Fustes.
- Secretario: Titular: Rubén González Rodríguez. Suplente: Raquel Vázquez Pérez.
Convocatoria TFM xaneiro 2021
Convocatoria TFM xullo 2021