Alumnado da XIV Promoción, con autoridades e profesorado

 

O día 14 de setembro de 2023 tivo lugar, ás 17:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o acto de Gradación da XIV Promoción 2022/2023 do Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social, que foi presidido pola Secretaria Xeral da Universidade de Vigo, a Prof. Dra. María José Bravo Bosch.

Contou coa intervención da Valedora do Pobo de Galicia, Dna. María Dolores Fernández Galiño, que pronunciou a conferencia titulada “O interese superior do menor”, que pode consultarse nesta ligazón. Así mesmo, interveu o Decano da Facultade, o Prof. Dr. Francisco Torres Pérez, así como a coordinadora e secretaria académica do título, as Prof.ª Dras. Teresa Estévez Abeleira e Marta García Mosquera respectivamente, e a alumna Dna. Sofía Belén Durán González, en representación do alumnado.

No mesmo acto celebrouse a Inauguración do curso académico 2023/2024 no Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social.

 

Conferencia inaugural da Valedora do Pobo de Galicia

 

Intervención en liña de Sofía Durán dende Paraguay

 

Entrega de Diplomas á XIV Promoción

 

Autoridades, profesorado e público asistente