Competencias xerais e específicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos e que son esixibles para outorgar o título:

Competencias específicas

CE-1. Capacidade de comprender sistematicamente a situación xurídica e social dos menores desprotexidos e en conflito social.
CE-2. Capacidade de realizar unha avaliación e análise crítico da normativa vixente e dos mecanismos de intervención psico-social aplicables aos menores desprotexidos e en conflito social.
CE-3. Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos e de resolver problemas que afectan os menores desprotexidos e en conflito social, desde unha perspectiva interdisciplinar.
CE-4. Dominar habilidades e métodos de investigación especificamente relacionados cos menores desprotexidos e en conflito social.
CE-5. Capacidade de concibir, deseñar e poñer en práctica, con seriedade académica, un proceso de investigación no ámbito dos menores desprotexidos e en conflito social.
CE-6. Capacidade de comunicar e compartir coa comunidade académica e a sociedade en xeral os resultados da investigación para o seu aproveitamento efectivo.
CE-7. Capacidade de realizar unha análise crítica e debater en foros de carácter científico e investigador propostas e ideas novas xurdidas no referido ámbito de estudo.
CE-8. Capacidade de incentivar e impulsar en contextos académicos e profesionais a investigación no ámbito dos menores desprotexidos e en conflito social.

Competencias transversais

CG-1. Capacidade de síntese e análise.
CG-2. Capacidade de aprender de forma autónoma.
CG-3. Capacidade de xestión da información.
CG-4. Capacidade de organizar e planificar.
CG-5. Capacidade de resolver problemas de forma efectiva.
CG-6. Capacidade de argumentar e rebater ideas, aplicando un pensamento crítico e lóxico.
CG-7. Capacidade de investigar de forma colaborativa.
CG-8. Preocupación pola calidade.
CG-9. Comportarse de forma ética e con responsabilidade social como cidadán e como investigador.
CG-10. Comunicarse de maneira efectiva no ámbito académico e investigador.
CG-11. Traballar desde unha perspectiva comparada, manexando información comparada e interdisciplinar.
CG-12. Capacidade de captar e aproveitar con eficiencia os recursos destinados á investigación.