Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Para que o estudantado sexa avaliado deberá asistir como mínimo ao 75% das clases. O estudantado que, puntualmente e por motivos xustificados, non poida completar a asistencia ao 75% das clases, deberá porse en contacto coa persoa coordinadora da materia, quen avaliará se esa puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen.

Pola asistencia á clase o/a alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final.

O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación das actividades establecidas na guía docente da materia.

O/a alumno/a que non superara algunha materia do programa do mestrado no período correspondente, deberá presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica no período de xuño-xullo.

A avaliación de cada materia queda supeditada ás directrices marcadas por cada coordinador/a de materia na súa respectiva guía docente e ás probas ou traballos que cada profesor poida esixir.

Calendario de probas das diferentes materias do mestrado nas seguintes convocatorias do curso 2026/2027:

  • 1º cuadrimestre: do 18 ao 21 de xaneiro de 2027
  • 2º cuadrimestre: do 10 ao 12 de maio de 2027
  • Convocatoria extraordinaria: do 21 ao 30 de xuño de 2027

Probas de avaliación 2026/2027

Os/as alumnos/as que suspendesen algunha materia na convocatoria ordinaria poderán realizar a proba que o/a coordinador/a de materia estime conveniente no día, hora e aula que se comunicará oportunamente aos/as alumnos/as que soliciten a realización da proba da/s materia/s suspensas.