Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Os novos graduados
 

O día 19 de xuño de 2025 tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo o acto académico de graduación da XVI promoción (curso 2024/2025) do Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social da Universidade de Vigo.

A apertura do acto foi realizado pola vicedecana do Grao en Dereito, Prof.ª Dra. María Antonia Arias Martínez. A continuación, tivo lugar a intervención da coordinadora do mestrado, a Prof.ª Dra. Teresa Estévez Abeleira, e da secretaria académica do título, a Prof.ª Dra. Marta García Mosquera, seguida do discurso de D. Carlos Fernández Pedrós, titulado do mestrado.

Interveu a continuación a Prof.ª Dra. Blanca Otero Otero, madriña da promoción, así como as representantes do alumnado que se graduaba, Dna. Antía Juiz Rodríguez e Dna. Andrea Moreno Rodríguez. Seguidamente entregaronse as distincións académicas ao alumnado e clausurouse o acto pola vicedecana do Grao en Dereito, a Prof.ª Dra. María Antonia Arias Martínez.

 
 
Desde a esquerda, a coordinadora do mestrado, a vicedecana do Grao en Dereito, o interviñente convidado, a secretaria académica do título
 
Alumnado con profesorado do mestrado
 
Foto de familia da Coordinación e profesorado do Máster en Menores no acto de graduación da XVI Promoción
 
O público asistente ao acto
Alumnado da XIV Promoción, con autoridades e profesorado
 

O día 14 de setembro de 2023 tivo lugar, ás 17:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o acto de Gradación da XIV Promoción 2022/2023 do Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social, que foi presidido pola Secretaria Xeral da Universidade de Vigo, a Prof. Dra. María José Bravo Bosch.

Contou coa intervención da Valedora do Pobo de Galicia, Dna. María Dolores Fernández Galiño, que pronunciou a conferencia titulada “O interese superior do menor”, que pode consultarse nesta ligazón. Así mesmo, interveu o Decano da Facultade, o Prof. Dr. Francisco Torres Pérez, así como a coordinadora e secretaria académica do título, as Prof.ª Dras. Teresa Estévez Abeleira e Marta García Mosquera respectivamente, e a alumna Dna. Sofía Belén Durán González, en representación do alumnado.

No mesmo acto celebrouse a Inauguración do curso académico 2023/2024 no Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social.

 
 
Conferencia inaugural da Valedora do Pobo de Galicia
 
Intervención en liña de Sofía Durán dende Paraguay
 
Entrega de Diplomas á XIV Promoción
 
Autoridades, profesorado e público asistente