Nesta materia o estudantado, de modo individual, baixo a dirección do/a titor/a que se lle asignará, deberá elaborar, presentar e defender un traballo de investigación inédito ou orixinal, relativo a algún dos temas sobre os que versa o mestrado.
Esta actividade inclúe, fundamentalmente, a recompilación, descrición e análise de fontes e bibliografía; a realización de titorías co titor/a académico; a realización do Traballo de Fin de Mestrado e a presentación e defensa do mesmo.
Para a avaliación do Traballo Fin de Mestrado, o estudantado deberá entregar á persoa coordinadora desta materia (Profª. Dra. Teresa Estévez Abeleira) tres copias do Traballo debidamente encadernadas, así como enviarlle o documento en formato pdf, con polo menos dez días de antelación á data fixada para a exposición e defensa dos Traballos.
O Traballo deberá presentarse co visto e prace do/a titor/a e asinado por este/a.
O Tribunal avaliador dos Traballos Fin de Mestrado, que estará integrado por tres profesores/as do mestrado, avaliará os traballos de acordo cos seguintes criterios:
- Informe do titor/a: ata 2 puntos
- Calidade do contido: Ata 5 puntos
- Metodoloxía: máx. 2 puntos
- Calidade da redacción: máx. 1 punto
- Conclusións: máx. 2 puntos
- Exposición: Ata 3 puntos
- Claridade expositiva: máx. 2 puntos
- Capacidade de debate e defensa argumental: máx. 1 punto
Aos efectos da ponderación do apartado 1 o titor/a deberá emitir unha puntuación numérica sobre base 10.
Superar a materia Traballo Fin de Mestrado permitirá ao estudantado acadar as competencias básicas, xerais, específicas e transversais relacionadas na súa guía docente.
Regulamento do TFM da UVigo
Regulamento do TFM do título
- Anexo 1 – Modelo de solicitude de proposta do TFM
- Anexo 2 – Modelo de solicitude de presentación e avaliación do TFM
- Anexo 3 – Regras para a elaboración do TFM
Traballo Fin de Máster – Curso 2025/2026
Defensa do TFM
| Convocatoria | Depósito | Defensa |
|---|---|---|
| Xaneiro (adiantada) | 7 de xaneiro de 2026 | 21 de xaneiro de 20261 19-21 de xaneiro de 20262 |
| Xuño | 3 de xuño de 2026 | 17 de xuño de 20261 15-17 de xuño de 20262 |
| Xullo | 1 de xullo de 2026 | 15 de xullo de 20261 13-15 de xullo de 20262 |
1 Tribunal colexiado | 2 Tribunal unipersonal
Tribunais avaliadores do TFM
Tribunal 1:
PRESIDENTE/A. Titular: Angel Mariño de Andrés. Suplente: Helena Martínez Hens
VOGAL. Titular: Raquel Vázquez Pérez. Suplente: David Casado Neira
SECRETARIO/A. Titular: Rafael Velázquez Pérez. Suplente: Belén Sánchez Ramos.
Tribunal 2:
PRESIDENTE/A. Titular: Rubén González Rodríguez. Suplente: Carmen Verde Diego
VOGAL. Titular: Blanca Otero Otero. Suplente: Mª Dolores Fernández Fustes
SECRETARIO/A. Titular: Lidia Noriega Rodriguez. Suplente: Teresa Martínez Táboas.
Traballo Fin de Máster – Curso 2026/2027
Defensa do TFM
| Convocatoria | Depósito | Defensa |
|---|---|---|
| Primeira oportunidade | 3 de xuño de 2027 | 17 de xuño de 20271 15, 16 ou 17 de xuño de 20272 |
| Segunda oportunidade | 7 de xullo de 2027 | 19 de xullo de 20271 15, 16 ou 19 de xullo de 20272 |
1 Tribunal colexiado | 2 Tribunal unipersonal
Tribunais avaliadores do TFM
Tribunal 1:
PRESIDENTE/A. Titular: Belén Sánchez Ramos. Suplente: Xosé Manuel Pacho Blanco
VOCAL. Titular: David Casado Neira. Suplente: José Durán Vázquez
SECRETARIO/A. Titular: Pablo Riquelme Vázquez. Suplente: Teresa Martínez Táboas.
Tribunal 2:
PRESIDENTE/A. Titular: Mª José Vázquez Figueiredo. Suplente: Rubén González Rodríguez
VOCAL. Titular: Blanca Otero Otero. Suplente: Irene Dozo Mougán
SECRETARIO/A. Titular: Teresa Estévez Abeleira. Suplente: Rafael Velázquez Pérez.