O artigo 33 da Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario, baixo a rúbrica “Derechos relativos a la formación académica”, dispón que “En relación con su formación académica, el estudiantado tendrá los siguientes derechos (…):
e) A las tutorías y al asesoramiento, a la orientación psicopedagógica y al cuidado de la salud mental y emocional, en los términos dispuestos por la normativa universitaria.
h) A la orientación e información sobre las actividades que le afecten y, en especial, a un servicio de orientación que facilite su itinerario formativo y su inserción social y laboral”.
Pola súa banda, o artigo 9 do Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario que regula os dereitos específicos do estudantado de mestrado, prevé no seu apartado e) que teñen entre os seus dereitos, o de “recibir orientación y tutoría personalizadas, para facilitar el rendimiento académico, la preparación para la actividad profesional o la iniciación a la investigación”.
Neste contexto, o Plan de Acción Titorial do Máster universitario en Menores da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria.
Obxectivos do PAT
Plan de Acción Titorial (PAT)
Reunións programadas do PAT
Reunións co estudantado durante o curso 2026/2027:
- 15 de outubro de 2026 ás 16.00 h
- 25 de febreiro de 2027 ás 16.00 h