Será función da Comisión Académica do Mestrado seleccionar aos/as estudantes admitidos/as no programa, tendo en conta preferentemente o expediente académico dos candidatos, ademais do seu currículo vitae. Neste sentido, será condición para acceder a unha das 25 prazas que se ofertan no Mestrado estar en posesión dunha titulación que pertenza á rama de coñecemento de “Ciencias Sociais e Xurídicas” e, dentro delas, terán preferencia os titulados en Dereito, Educación, Psicoloxía, Traballo Social e Socioloxía.
Polo demais, terán preferencia á hora de matricularse os solicitantes de matrícula ordinaria (que comprende os 60 ECTS de que consta o título). Con todo, permítese tamén a matrícula a tempo parcial e, para ese efecto, das 25 prazas ofertadas, pódense cubrir con esta modalidade de matrícula ata un máximo de 5.
Os matriculados a tempo parcial deben matricularse de, polo menos, 30 ECTS, os cales se deberán cursar na orde en que está estruturado o plan de estudos.