Estrutura interna
A delegación de estudantes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo forman parte dos diversos Órganos de Goberno da Universidade e da Facultade.
A Delegación de estudantes réxese polos seus Estatutos. Establece o seu orzamento dacordo coa partida orzamentaria da Facultade establecida para tales fins. Ó final de cada exercicio economico a Delegación ten que presentar a súa memoria de gastos na Xunta de Facultade.
Ubicación e horarios
A Delegación ten a súa sede na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Os horarios de atención o estudante son con horario de mañá (9.00 a 14.00 h) e tarde (16.00 a 21.00 h) agás nos periodos vacacionais e de exames.
Funcións
As funcións da Delegación de estudantes son:
- Procedemento para cambio de datas de exame
- Reclamacións ás calificacións dos exames
- Cómo recurrir as distintas resolucións de carácter administrativo (denegación de cambio de turno, concesión de créditos de libre elección, etc.)
- Solicitude de subvencións para actos oficiais e extraoficiais (acto de graduación, festividade do patrón, etc.)
- Asesoramento sobre organización do “paso de ecuador”
- Posibilidades de colaborar e axudar na propia delegación