Para que o/a alumno/a sexa avaliado deberá asistir como mínimo ao 60% das clases. O/a alumno/a que puntualmente e por motivos xustificados non poida completar a asistencia ao 60% das clases, deberá poñerse en contacto coa coordinadora da materia, quen avaliará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen, así como coa secretaria do Mestrado.
Pola asistencia á clase o/a alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final.
O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación das actividades establecidas na Guía docente da materia.
O/a alumno/a que non superara algunha materia do programa do Mestrado no período correspondente, deberá presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica no período de xuño-xullo.
A avaliación de cada asignatura queda supeditada ás directrices marcadas por cada coordinador/a de materia na súa respectiva guía docente e ás probas ou traballos que cada profesor poida esixir.
Calendario de probas das diferentes materias do mestrado nas siguientes convocatorias do curso 2024/2025:
- 1º cuadrimestre: do 20 ao 24 de xaneiro de 2025
- 2º cuadrimestre: do 26 ao 28 de maio de 2025
- Convocatoria extraordinaria: do 23 de xuño ao 3 de xullo de 2025
Probas de avaliacióm 2024/2025
Os/as alumnos/as que suspendesen algunha materia na convocatoria ordinaria poderán realizar a proba que o/a coordinador/a de materia estime conveniente no día, hora e aula que se comunicará oportunamente aos/as alumnos/as que soliciten a realización da proba da/s materia/s suspensas.