O Mestrado en "Menores en situación de desprotección e conflito social" ten unha carga de 60 ECTS. Estrutúrase en 5 módulos ou bloques temáticos que, á súa vez, divídense en 9 materias, que conforman un total de 48 ECTS de carácter obrigatorio; ao que se engade un Traballo de Fin de Mestrado de 12 ECTS.
Dende a perspectiva temporal, o Mestrado estrutúrase en dous cuadrimestres, cunha carga de 30 ECTS en cada cuadrimestre, deixándose o Traballo de Fin de Mestrado para o segundo cuadrimestre.
Créditos totais ofertados: 60 ECTS.
Plan de Estudos | ||||
---|---|---|---|---|
Módulo | Materia | ECTS | Tipo | Cuad. |
Marco normativo da protección do menor | Marco normativo da protección do menor | 5 | OB | 1c |
Menor en situación de risco e desprotección | Medidas de protección do menor en situación de risco e desamparo | 7 | OB | 1c |
Adopción nacional e internacional de menores | 4 | OB | 1c | |
Procedementos civís de protección de menores. Xurisdición voluntaria e contenciosa | 4 | OB | 1c | |
Menor en situación de conflito social | O menor como vítima de feitos delituosos | 5 | OB | 1c |
O menor como infractor | 5 | OB | 1c | |
Proceso penal de menores | 5 | OB | 2c | |
A intervención socio-educativa con menores en situación de risco, desprotección e conflito social | A intervención socio-educativa con menores en situación de risco, desprotección e conflito social | 7 | OB | 2c |
A mediación como medio de solución de conflitos con menores | A mediación como medio de solución de conflitos con menores | 6 | OB | 2c |
Traballo Fin de Mestrado | Traballo Fin de Mestrado | 12 | OB | 2c |