Para que o/a alumno/a sexa avaliado deberá asistir como mínimo ao 60% das clases. O/a alumno/a que puntualmente e por motivos xustificados non poida completar a asistencia ao 60% das clases, deberá poñerse en contacto coa coordinadora da materia, quen avaliará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen, así como coa secretaria do Mestrado.

Pola asistencia á clase o/a alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final.

O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación das actividades establecidas na Guía docente da materia.

O/a alumno/a que non superara algunha materia do programa do Mestrado no período correspondente, deberá presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica no período de xuño-xullo.

A avaliación de cada asignatura queda supeditada ás directrices marcadas por cada coordinador/a de materia na súa respectiva guía docente e ás probas ou traballos que cada profesor poida esixir.

Calendario de probas das diferentes materias do mestrado nas siguientes convocatorias do curso 2023/2024:

  • 1º cuadrimestre: do 22 ao 26 de xaneiro de 2024
  • 2º cuadrimestre: do 6 ao 10 de maio de 2024
  • Convocatoria extraordinaria: do 3 ao 7 de xuño de 2024

Probas de avaliacióm 2023/2024

 
Os/as alumnos/as que suspendesen algunha materia na convocatoria ordinaria poderán realizar a proba que o/a coordinador/a de materia estime conveniente no día, hora e aula que se comunicará oportunamente aos/as alumnos/as que soliciten a realización da proba da/s materia/s suspensas.