Catedrático/a de universidade
Área de Psicoloxía Básica
Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa
Información de contacto
Facultade de Educación e Traballo Social
Despacho
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
Breve CV
Francisca Fariña Rivera. Licenciouse en 1986, en Filosofía e Ciencias da Educación, na Sección de Psicoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela. Doctorouse en 1990, en Psicoloxía na mesma universidade. Dende 1990 é profesora da Universidade de Vigo, obtendo a súa cátedra en Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor, no ano 2003. É a Investigadora Principal do Grupo PS1 (Psicoloxía Xurídica) da Universidade de Vigo. Ten publicado 46 libros e monografías, máis de 150 capítulos, en editoriais nacionais e internacionais; ten escrito 89 artigos científicos, e ten participado en múltiples congresos nos que presentou máis de 200 traballos e impartido máis de 50 conferencias. É editora asociada das revistas The European Journal of Psychology Applied to Legal Context (Indexada en Scopus e Web of Science de Thomson Reuters, Journal Citation Reports, Revista de Investigación en Educación (Indexada en Web of Science de Thomson Reuters) e Revista Iberoamericana de Psicoloxía e Saúde (Indexada en Scopus e en Web of Science de Thomson Reuters); tamén é membro do Consello Editorial e/ou revisora de 15 revistas, nacionais e internacionais. Ten participado en máis de 20 proxectos de investigación, 10 deles como investigadora principal, e é membro dun grupo interuniversitario que obtivo financiamento en máis de 30 contratos e convenios de I+D. Da súa labor investigadora derivaron diferentes procedementos e protocolos de actuación de uso frecuente nas periciais xudiciais e programas de intervención como o “Programa Ruptura de Pareja, no de Familia” e “Programa Galicia de Reeducación de Maltratadores”. Coordinadora dos servizos de “Mediación intrajudicial de Pontevedra y Vigo”. Entre outros, recibiu os seguintes premios e recoñecementos á súa labor: III e II Premio na convocatoria dos Premios Nacionais á Investigación Educativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, nos anos 2003 e 2004 respectivamente. É fundadora e membro da Xunta Directiva da Sociedade Universitaria de Investigación en Psicoloxía e Saúde e da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense; é ademais presidenta da Asociación Iberoamericana de Xustiza Terapéutica.
Docencia
Perfil docente no portal da UVigo
1º cuadrimestre
V08M042V01102 | Medidas de Protección do Menor en Situación de Risco e Desamparo
2º cuadrimestre
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
2º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
Investigación
Grupo de investigación
Psicoloxía Xurídica e da saúde: convivencia e benestar
Liñas de investigación
- Xustiza terapéutica
- Mediación
- Avaliación psicolóxica-forense