Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Recursos materiais e servizos

Dispoñibilidade e adecuación dos recursos materiais e servizos


O Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social impártese na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, que conta cos recursos materiais e servizos adecuados para a impartición do mesmo:

  • O edificio onde se sitúa a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo ocupa unha superficie de 7.996 m2, e as súas instalacións cumpren plenamente as esixencias de accesibilidade establecidas na normativa vixente. En concreto, existen zonas de aparcadoiro para minusválidos, ramplas para facilitar o acceso ao edificio desde o exterior, ramplas interiores que facilitan a mobilidade entre as distintas dependencias do Centro e os ascensores necesarios.

  • Nel existen aulas-seminario convenientemente adaptadas para a impartición a grupos reducidos das actividades formativas que se propoñen nesta memoria. Están dotadas de canón de vídeo, computador e conexión inalámbrica a Internet, ademais de lousas e pantallas de proxección. En concreto, para as actividades formativas do Programa de Doutoramento en "Xestión e resolución de conflitos. Xustiza Terapéutica", destinarase o Seminario A-301, dotado de 24 postos.


Outras instalacións de interese son as seguintes:

  • Dúas Salas de Videoconferencia. Constitúen un recurso de gran utilidade para a impartición de docencia interuniversitaria, por canto permiten un considerable aforro de tempo e diñeiro, evitando desprazamentos. Son salas de distinto aforamento (30 e 150 prazas) o que permite unha utilización máis adecuada das mesmas segundo o número de asistentes. Ademais, o sistema de videoconferencia instalado no Salón de Graos é multipunto, permitindo cinco conexións simultáneas.

  • Biblioteca e Salas de Lectura. Os servizos bibliotecarios da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo obedecen ao modelo organizativo bibliotecario acordado pola Comisión Xeral de Biblioteca da Universidade de Vigo en outubro de 2000, e plasmado posteriormente na reforma do seu Regulamento aprobado pola Xunta de Goberno en sesión do 27 de febreiro de 2002. Devanditos documentos prevén unha estrutura baseada en tres Bibliotecas Centrais (Ourense, Pontevedra e Vigo), onde se centralizan a maior parte dos servizos e procesos bibliotecarios propios de cada Campus, e unha rede de Salas de Lectura situadas en diversas Facultades e Escolas Universitarias para atender as necesidades bibliotecarias básicas dos estudantes. Este modelo tenta compaxinar a centralización dos procesos internos, os servizos especializados e as coleccións de investigación nas Bibliotecas Centrais de Campus, e a descentralización do acceso ás coleccións e servizos básicos (préstamo e información de primeiro nivel) a través das Salas de lectura.

    A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo conta cunha Sala de Lectura cos servizos bibliotecarios antes citados, onde se dipone de 186 postos de lectura. Ademais, existe unha Sala de Estudo aneja, con entrada independente, con 24 postos. Na Sala de Lectura sitúanse a bibliografía básica recomendada para cada materia das titulacións que se imparten e existe un aula BOE. Ademais, todos os fondos xurídicos adquiridos con anterioridade ao ano 2002 están situados na Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, que se atopa unida á Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

    O catálogo en liña da Biblioteca Universitaria permite a localización sen problemas de todos os fondos bibliográficos e o servizo de préstamointerbibliotecario interno funciona satisfactoriamente. Polos demais, outro tipo de fondos bibliográficos, como son as subscricións a revistas ou a bases de datos, en xeral corresponden a créditos centralizados da propia Universidade ou do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) e a súa localización depende das condicións expresadas nos respectivos concursos.

    Sempre que resulta posible, a Biblioteca trata de poñer estas publicacións en liña a través da rede da propia Biblioteca Universitaria ou do Consorcio, e na Biblioteca Central xestiónanse tamén os accesos a revistas ou artigos electrónicos que facilitan os provedores e distribuidores das publicacións (de tal modo que sexan accesibles desde os computadores instalados nos despachos dos profesores e nos equipos informáticos das Salas de Lectura e Bibliotecas, sen necesidade de desprazarse os usuarios).

  • Aula de informática de libre acceso para os alumnos. Aula dotada de 40 postos, na que recentemente se renovaron todos os equipos informáticos.

  • Conexión inalámbrica. Cabe sinalar que todas as aulas da Facultade foron convenientemente cableadas, para facilitar a utilización dos equipos informáticos propios por parte do alumnado, contando ademais con conexión inalámbrica a Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola Universidade.p>

  • Web da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Ferramenta de traballo indispensable para poder manter informado ao doutorando sobre os aspectos xerais e básicos da Facultade. Nesta web, cuxa xestión se realiza na mesma Facultade, haberá unha ligazón á pagina web propia do Programa de Doutoramento, na que se recollerá a información máis específica sobre o mesmo (datas de matrícula, criterios de admisión, actividades formativas, horarios, titorías, etc).

  • Recursos docentes en Rede. Como apoio á docencia, a Universidade de Vigo puxo a disposición do profesorado e alumnado o portal FAITIC con recursos en liña destinados á teledocencia. Neste portal alóxase a plataforma de teledocencia TEMA, que resulta imprescindible para impartir un Programa de Doutoramento como o que se propón, facilitando a interacción entre o profesorado e os doctorandos.

  • Servizo de reprografía. Situado no primeiro bloque da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o servizo está atendido por unha empresa privada, aínda que funciona con prezos universitarios.

  • Cafetería-comedor. Entre as dúas entradas principais do edificio atópase a cafetería-comedor da Facultade.


Ademais dos expostos, a Universidade de Vigo conta con outras oficinas e servizos centralizados que resultan de interese e utilidade para os efectos da impartición do Programa de Doutoramento, entre os que cabe destacar os seguintes:

Así mesmo, tamén habemos de deixar constancia dos servizos técnicos de mantemento e reparación dos recursos materiais e informáticos cos que conta a Universidade de Vigo, dependentes do Vicerreitorado de Economía e Planificación: