O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito

Nesta materia o estudantado, de modo individual, baixo a dirección do/a titor/a que se lle asignará, deberá elaborar, presentar e defender un traballo de investigación inédito ou orixinal, relativo a algún dos temas sobre os que versa o mestrado.

Esta actividade inclúe, fundamentalmente, a recompilación, descrición e análise de fontes e bibliografía; a realización de titorías co titor/a académico; a realización do Traballo de Fin de Mestrado e a presentación e defensa do mesmo.

Para a avaliación do Traballo Fin de Mestrado, o estudantado deberá entregar á persoa coordinadora desta materia (Profª. Dra. Teresa Estévez Abeleira) tres copias do Traballo debidamente encadernadas, así como enviarlle o documento en formato pdf, con polo menos dez días de antelación á data fixada para a exposición e defensa dos Traballos.

O Traballo deberá presentarse co visto e prace do/a titor/a e asinado por este/a.

O Tribunal avaliador dos Traballos Fin de Mestrado, que estará integrado por tres profesores/as do mestrado, avaliará os traballos de acordo cos seguintes criterios:

  • Informe do titor/a: ata 2 puntos
  • Calidade do contido: Ata 5 puntos
    • Metodoloxía: máx. 2 puntos
    • Calidade da redacción: máx. 1 punto
    • Conclusións: máx. 2 puntos
  • Exposición: Ata 3 puntos
    • Claridade expositiva: máx. 2 puntos
    • Capacidade de debate e defensa argumental: máx. 1 punto

Aos efectos da ponderación do apartado 1 o titor/a deberá emitir unha puntuación numérica sobre base 10.

Superar a materia Traballo Fin de Mestrado permitirá ao estudantado acadar as competencias básicas, xerais, específicas e transversais relacionadas na súa guía docente.

Regulamento do TFM da UVigo
Regulamento do TFM do título

  • Anexo 1 – Modelo de solicitude de proposta do TFM
  • Anexo 2 – Modelo de solicitude de presentación e avaliación do TFM
  • Anexo 3 – Regras para a elaboración do TFM
  •  

    Traballo Fin de Máster – Curso 2024/2025

    Defensa do TFM

    Convocatoria Depósito Defensa
    Xaneiro (adiantada) 8 de xaneiro de 2025 25 de xaneiro de 20251
    23-25 de xaneiro de 20252
    Xuño 4 de xuño de 2025 18 de xuño de 20251
    16-18 de xuño de 20252
    Xullo 7 de xullo de 2025 16 de xullo de 20251
    14-16 de xullo de 20252

    1 Tribunal colexiado | 2 Tribunal unipersonal

     

    Tribunais avaliadores do TFM

    Tribunal 1:

    PRESIDENTE/A. Titular: Helena Martínez Hens. Suplente: Angel Mariño de Andrés
    VOCAL. Titular: David Casado Neira. Suplente: Yolanda García Vázquez.
    SECRETARIO/A. Titular: Belén Sánchez Ramos. Suplente: Rafael Velázquez Pérez.

    Tribunal 2:

    PRESIDENTE/A. Titular: Carmen Verde Diego. Suplente: Rubén González Rodríguez.
    VOCAL. Titular: Mª Dolores Fernández Fustes. Suplente: Blanca Otero Otero.
    SECRETARIO/A. Titular: Teresa Martínez Táboas. Suplente: Lidia Noriega Rodriguez.